Portal de investigación e creación multimedia educativa

Neste portal atoparedes múltiples actividades para traballar cos alumnos directamente dende un navegador web. Son ideais para utilizar con calquera encerado dixital, xa que non é necesario ningún software especial, só contar cunha conexión a internet e elixir a actividade máis axeitada ás nosas necesidades.

Advertisements

EDIGA

Esta é a páxina do Encerado Dixital Interactivo de Galicia. Nel poderedes atopar programas para traballas no encerado dixital, sobre todo no SmartBoard e tamén numerosas ligazóns e información para estar ao día sobre as TIC.

Selectividade LOE: Exame

seletividade-exameLOEAquí tedes unha pequena presentación na que se fai un resume da lexislación que establece o procedemento dos exames para a selectividade do novo Bacharelato LOE

Dirección Xeral de Universidades

DirecionXeralUniverEsta é unha páxina oficial da Consellería de Educación, que contén unha base de datos dende a que poderedes acceder de forma rápida a consultar titulacións, catálogos de títulos universitarios, enlaces a todas as universidades galegas e españolas, tanto públicas como privadas. Tamén informa sobre as titulacións ás que poderedes optar dende os diferentes Bacharelatos, FP, etc.

Comisión Interuniversitaria Galega- CIUG

CIUGEste é o portal oficial de Galicia para informar de todo o relativo á selectividade e o acceso á universidade. Neste portal poderedes atopar información sobre as notas de corte das carreiras, procedementos de acceso, enlaces a todas as universidades galegas, estatísticas, titulacións etc.

…E comeron felices

comeron-felicesA ONG Médicos sen Fronteiras presenta esta actividade para xogar en rede. É unha “historia optimista sobre a desnutrición infantil”. Hai un vídeo para ver como motivación antes de xogar. Está deseñado para alumnos a partir de 10 anos e pódese xogar en galego, castelán, catalán, eskera. Para que os nenos aprendan a ser solidarios