CEDEC

O CEDEC ten como finalidade o deseño, promoción e desenrolo de materiais educativos dixitais en software libre. O noso obxectivo é por a disposición de toda a comunidade educativa materiais e recursos dixitais de libre acceso e que permitan afondar na implantación das Tecnoloxías da Información e comunicación no ámbito educativo.

WatchaKnow

Este é un portal con vídeo educativos clasificados por temas e materias. A maior parte están en inglés, pero tamén se poden atopar noutras linguas. Pósese facer un conta e cada un facer a súa propia selección de vídeos, subindo novos e facendo a nosa propias carpeta para a materia ou necesidade docente que sexa pertinente.

Agrega-recursos

Agrega portal é unha fonte de contidos educativos dixitais con calidade, de acceso gratuíto e prensado para a comunidade docente.

Aula PT

Excelente blog colaborativo no que se poden atopar material debidamente catalogado por cursos e materias. Tamén ten un listado de colaboradores con enlaces ás súas páxinas, nas que tamén hai materiais e suxestións docentes.

Educa con TIC

Blog con numerosos artigos e comentarios, enlaces e material para educar utilizando as TIC

Atención á diversidade

Web persoal que conten moitos enlaces clasificados para atopar materias de atención á diversidade

Zona Clic

Nesta web podemos atopar moito material en varios idiomas para poder seren aplicados na aula. Pódese escoller por materias, cursos, idioma, etc. Tamén se pode baixar os programas para poder modificar as actividades para as nosas necesidades.

KAIDARA: educación para a cidadanía global

Kaidara ten como obxectivo ofrecer ao profesorado de todos os niveis educativos, e ao público en xeral, recursos que lles permitan traballar e incorporar a Educación para unha cidadanía global na súa práctica educativa, tanto na aula como no centro, así como propostas e recursos de autoformación para o docente.

Plan de Acción Titorial Interactivo

Este portal feito por dous profesores orientadores e subvencionado pola Junta de Extremadura, contén material e actividades para desenvolver a acción titorial a través das novas tecnoloxías. Está destinado tanto a Primaria coma a secundaria.

ORIENTARED

ORIENTARED é un sitio web dedica á psicopedagoxía e a orientación psicopedagóxica en Internet desenvolvido por un orientador escolar, no que se pode atopar moito material para a función orientadora nos centros educativos.