Category Archives: Titoría

Orientación Andújar

Excelente blog con numerosos recursos educativos totalmente accesibles e gratuítos. Inclúe material para traballar co alumnado e tamén de orientación e de relación coa comunidade

Advertisements

Prevención de riscos laborais

Páxina dedicada á prevención de riscos laborais nos centros docentes. Aporta plans de prevención, lexislacións, información e métodos para xestionar as actividades docentes e extraescolares, dentro e fóra do centro, minimizando todo tipo de riscos. Está en catalán e castelán.

Homologación e convalidación de estudos

Páxina do Ministerio de Educación con toda a información sobre homologación e convalidación de títulos e estudos non universitarios de alumnos procedentes do estranxeiro.

…E comeron felices

comeron-felicesA ONG Médicos sen Fronteiras presenta esta actividade para xogar en rede. É unha “historia optimista sobre a desnutrición infantil”. Hai un vídeo para ver como motivación antes de xogar. Está deseñado para alumnos a partir de 10 anos e pódese xogar en galego, castelán, catalán, eskera. Para que os nenos aprendan a ser solidarios