Category Archives: Selectividade

Ponderación da fase específica da selectividade 2013

ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema Universitario de Galicia no curso 2013/14.

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

Para orientar os estudantes de novo ingreso na Universidade a Xunta de Galicia ten editada a

GUÍA DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS

Para acceder á información sobre as residencias universitarias de Galicia podedes seguir as seguintes ligazóns:

UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Universidade da Coruña non ten residencias propias, pero ten concertos con residencias privadas. Podes informarte na seguinte ligazón
ALOXAMENTO-Residencias concertadas

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
Servizo Universitario de Residencias (SUR)
Contén a información dos campus de Lugo e Santiago

UNIVERSIDADE DE VIGO
A Universidade de Vigo ten dous centros propios nos campus de Vigo e Ourense e dous concertados nos campus de Pontevedra e Ourense. Podedes acceder a información en:
Onde aloxarse

Guía do sistema universitario de Galicia

Nova Guía do Sistema Universitaro Galego

Dende este enlace podes acceder á nova Guía do Sistema Universitario Galego. Nela poderedes atopar toda a información relativa a carreiras, modos de acceso, servizos, etc. das universidades galegas.

¿Y ahora que?

Este é un portal moi interesante con moita información útil para estudantes que rematan ciclos de estudos e para calquera outra que teña visión de futuro. Poderedes atopar técnicas de traballo intelectual ou métodos de estudo, información sobre a selectividade, sobre universidades, notas de corte de todas as universidades españolas, reportaxes de autoaxuda, información, noticias, etc.

Selectividade LOE: Exame

seletividade-exameLOEAquí tedes unha pequena presentación na que se fai un resume da lexislación que establece o procedemento dos exames para a selectividade do novo Bacharelato LOE

Dirección Xeral de Universidades

DirecionXeralUniverEsta é unha páxina oficial da Consellería de Educación, que contén unha base de datos dende a que poderedes acceder de forma rápida a consultar titulacións, catálogos de títulos universitarios, enlaces a todas as universidades galegas e españolas, tanto públicas como privadas. Tamén informa sobre as titulacións ás que poderedes optar dende os diferentes Bacharelatos, FP, etc.

Comisión Interuniversitaria Galega- CIUG

CIUGEste é o portal oficial de Galicia para informar de todo o relativo á selectividade e o acceso á universidade. Neste portal poderedes atopar información sobre as notas de corte das carreiras, procedementos de acceso, enlaces a todas as universidades galegas, estatísticas, titulacións etc.