Category Archives: NEE

Contidos Educativos Dixitais

Contidos-educativosExcelente páxina da Junta de Extremadura, onde se pode atopar materiais dixitais  para traballar en todas as etapas educativas.

Agrega-recursos

Agrega portal é unha fonte de contidos educativos dixitais con calidade, de acceso gratuíto e prensado para a comunidade docente.

Aula PT

Excelente blog colaborativo no que se poden atopar material debidamente catalogado por cursos e materias. Tamén ten un listado de colaboradores con enlaces ás súas páxinas, nas que tamén hai materiais e suxestións docentes.

Educa con TIC

Blog con numerosos artigos e comentarios, enlaces e material para educar utilizando as TIC

Atención á diversidade

Web persoal que conten moitos enlaces clasificados para atopar materias de atención á diversidade

Zona Clic

Nesta web podemos atopar moito material en varios idiomas para poder seren aplicados na aula. Pódese escoller por materias, cursos, idioma, etc. Tamén se pode baixar os programas para poder modificar as actividades para as nosas necesidades.

Educared

Portal cunha ampla oferta para usos educativos, con seccións para toda a comunidade. Con seccións especiais e moi completas para o uso das novas tecnoloxías. Tamén ten un apartado específico para baixar programas de software libre.

Wikisaber-colexio 2.0

Wikisaber é un portal educativo fundamentado no ensino e a aprendizaxe colaborativos. Gratuíto e pensado para todos os cursos de ensino obrigatorio, wikisaber quere ser o marco para que pais e titores, profesores e alumnos poidan compartir coñecemento e comuníquense entre si, ademais de achegarlles recursos e contidos de calidade.

Dicionario visual

É unha ferramenta creada para aprender a través da imaxe con temáticas. Contén numerosas fichas multilingües claras e precisas, con textos concisos e rigorosos. É diferente a unha enciclopedia ou dicionario en liña tradicional, xa que as imaxes substitúen as palabras. Está en español, inglés e francés

Orientación Andújar

Excelente blog con numerosos recursos educativos totalmente accesibles e gratuítos. Inclúe material para traballar co alumnado e tamén de orientación e de relación coa comunidade