Category Archives: Formación Profesional

Todo FP

Este é un portal do Ministerio de Educación dedicado á orientación profesional, no que poderedes atopar toda a información necesaria e orientación precisa sobre os estudo de Formación Profesional en todo o Estado Español. Ten apartados específicos para coñeceres as túa habilidades e test para axudarche a elixir o futuro.

¿Y ahora que?

Este é un portal moi interesante con moita información útil para estudantes que rematan ciclos de estudos e para calquera outra que teña visión de futuro. Poderedes atopar técnicas de traballo intelectual ou métodos de estudo, información sobre a selectividade, sobre universidades, notas de corte de todas as universidades españolas, reportaxes de autoaxuda, información, noticias, etc.

Formación Profesional en Galicia

Toda a información sobre Formación Profesional en Galicia, pódela atopar neste portal. Aquí van aparecendo as novas de interese, as instrucións para as probas de acceso, o calendario de matrícula, etc.

Acceder directamente á oferta de ciclos clasificados por familias

Acceder directamente á oferta de ciclos clasificados por provincias e concellos

Acceder aos folletos informativos