Category Archives: Encerado Dixital

Contidos Educativos Dixitais

Contidos-educativosExcelente páxina da Junta de Extremadura, onde se pode atopar materiais dixitais  para traballar en todas as etapas educativas.

Advertisements

CEDEC

O CEDEC ten como finalidade o deseño, promoción e desenrolo de materiais educativos dixitais en software libre. O noso obxectivo é por a disposición de toda a comunidade educativa materiais e recursos dixitais de libre acceso e que permitan afondar na implantación das Tecnoloxías da Información e comunicación no ámbito educativo.

WatchaKnow

Este é un portal con vídeo educativos clasificados por temas e materias. A maior parte están en inglés, pero tamén se poden atopar noutras linguas. Pósese facer un conta e cada un facer a súa propia selección de vídeos, subindo novos e facendo a nosa propias carpeta para a materia ou necesidade docente que sexa pertinente.

Agrega-recursos

Agrega portal é unha fonte de contidos educativos dixitais con calidade, de acceso gratuíto e prensado para a comunidade docente.

Educa con TIC

Blog con numerosos artigos e comentarios, enlaces e material para educar utilizando as TIC

Educared

Portal cunha ampla oferta para usos educativos, con seccións para toda a comunidade. Con seccións especiais e moi completas para o uso das novas tecnoloxías. Tamén ten un apartado específico para baixar programas de software libre.

Wikisaber-colexio 2.0

Wikisaber é un portal educativo fundamentado no ensino e a aprendizaxe colaborativos. Gratuíto e pensado para todos os cursos de ensino obrigatorio, wikisaber quere ser o marco para que pais e titores, profesores e alumnos poidan compartir coñecemento e comuníquense entre si, ademais de achegarlles recursos e contidos de calidade.

Dicionario visual

É unha ferramenta creada para aprender a través da imaxe con temáticas. Contén numerosas fichas multilingües claras e precisas, con textos concisos e rigorosos. É diferente a unha enciclopedia ou dicionario en liña tradicional, xa que as imaxes substitúen as palabras. Está en español, inglés e francés

CENATIC

CENATIC é o Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) baseadas en fontes abertas.
CENATIC é unha Fundación Pública Estatal, promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (a través da Secretaría de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a entidade pública Rede.é) e a Xunta de Estremadura, que ademais conta no seu Padroado coas comunidades autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña e Illes Balears. Tamén forma parte do Padroado de CENATIC as empresas Atos Origin, Sun Microsystems, Bull, Telefónica e Gpex.

CENATIC é o único proxecto estratéxico do Goberno de España para impulsar o coñecemento e uso do software de fontes abertas, en todos os ámbitos da sociedade.

Portal de investigación e creación multimedia educativa

Neste portal atoparedes múltiples actividades para traballar cos alumnos directamente dende un navegador web. Son ideais para utilizar con calquera encerado dixital, xa que non é necesario ningún software especial, só contar cunha conexión a internet e elixir a actividade máis axeitada ás nosas necesidades.