Category Archives: Educación Cidadanía

EU ESTUDIEI NA PÚBLICA

Semana da prensa na Biblioteca

Para poder ver a presentación sobre a “Manipulación nos medios de comunicación” con todas as súas animación, deberás descargar o ficheiro que se achega e reproducilo no teu ordenador.

Manipulación informativa

O feminismo galego en internet

Fundación Galiza Sempre presenta UNHA MOSTRA DIXITAL QUE RECOLLE A TRAXECTORIA DO FEMINISMO GALEGO: cambios sociais e dereitos das mulleres que producíu en 2009. Hai unha versión para a rede e tamén se pode descargar en PDF para poder traballalo na aula sen medios dixitais. E un material idóneo para tratar o tema nas titorías. Recomendado para 3º e 4º da ESO, aínda que tamén se pode utilizar nos cursos baixos.

KAIDARA: educación para a cidadanía global

Kaidara ten como obxectivo ofrecer ao profesorado de todos os niveis educativos, e ao público en xeral, recursos que lles permitan traballar e incorporar a Educación para unha cidadanía global na súa práctica educativa, tanto na aula como no centro, así como propostas e recursos de autoformación para o docente.

Orientación Andújar

Excelente blog con numerosos recursos educativos totalmente accesibles e gratuítos. Inclúe material para traballar co alumnado e tamén de orientación e de relación coa comunidade

…E comeron felices

comeron-felicesA ONG Médicos sen Fronteiras presenta esta actividade para xogar en rede. É unha “historia optimista sobre a desnutrición infantil”. Hai un vídeo para ver como motivación antes de xogar. Está deseñado para alumnos a partir de 10 anos e pódese xogar en galego, castelán, catalán, eskera. Para que os nenos aprendan a ser solidarios