Category Archives: Alumnado estranxeiro

KAIDARA: educación para a cidadanía global

Kaidara ten como obxectivo ofrecer ao profesorado de todos os niveis educativos, e ao público en xeral, recursos que lles permitan traballar e incorporar a Educación para unha cidadanía global na súa práctica educativa, tanto na aula como no centro, así como propostas e recursos de autoformación para o docente.

Dicionario visual

É unha ferramenta creada para aprender a través da imaxe con temáticas. Contén numerosas fichas multilingües claras e precisas, con textos concisos e rigorosos. É diferente a unha enciclopedia ou dicionario en liña tradicional, xa que as imaxes substitúen as palabras. Está en español, inglés e francés

Orientación Andújar

Excelente blog con numerosos recursos educativos totalmente accesibles e gratuítos. Inclúe material para traballar co alumnado e tamén de orientación e de relación coa comunidade

Homologación e convalidación de estudos

Páxina do Ministerio de Educación con toda a información sobre homologación e convalidación de títulos e estudos non universitarios de alumnos procedentes do estranxeiro.