Monthly Archives: Setembro 2010

KAIDARA: educación para a cidadanía global

Kaidara ten como obxectivo ofrecer ao profesorado de todos os niveis educativos, e ao público en xeral, recursos que lles permitan traballar e incorporar a Educación para unha cidadanía global na súa práctica educativa, tanto na aula como no centro, así como propostas e recursos de autoformación para o docente.

Advertisements

Plan de Acción Titorial Interactivo

Este portal feito por dous profesores orientadores e subvencionado pola Junta de Extremadura, contén material e actividades para desenvolver a acción titorial a través das novas tecnoloxías. Está destinado tanto a Primaria coma a secundaria.

ORIENTARED

ORIENTARED é un sitio web dedica á psicopedagoxía e a orientación psicopedagóxica en Internet desenvolvido por un orientador escolar, no que se pode atopar moito material para a función orientadora nos centros educativos.

Educared

Portal cunha ampla oferta para usos educativos, con seccións para toda a comunidade. Con seccións especiais e moi completas para o uso das novas tecnoloxías. Tamén ten un apartado específico para baixar programas de software libre.